ALÉN MAR

de Andrés Sanjurjo

ALÉN MAR

de Andrés Sanjurjo

sinopse

sinopse

Alén Mar é un diario de viaxe que mostra a relación dunha parella co mundo a través da mirada melancólica do propio cineasta, atravesada pola ausencia da súa irmá, que nos fai reflexionar sobre como aprender a vivir o mundo sen ser querido.

ficha técnica

ficha técnica

Título: Alén mar
Título Internacional: Oversea
Xénero: Diario íntimo / Documental de creación
Duración: 68 min. (estimada)
Cor: cor
Formato de rodaxe: Súper 16mm 
Formato de exhibición: DCP HD
Relación de aspecto: 16:9
Son: dolby 5.1
Nacionalidade: España / Chile
Idioma orixinal: Galego / Castelán
Produción: Acariño Films
Ano de produción: 2022

equipo técnico e artístico

equipo técnico e artístico

Direción, produción e direción de fotografía: Andrés Sanjurjo
Guion: Andrés Sanjurjo, Sabela Eiriz
Asesoramento de escritura: Marta Andreu – Residencias Walden
Edición: Carlos Mártinez-Peñalver, Andrés Sanjurjo
Deseño sonoro: Tiago Cardoso
Son directo: Laura Escacha
Música orixinal: crnds, Álvaro Chior
Deseño gráfico e web: Andrea Rodríguez
Produtor asociado: Fernando Venegas
Elenco: Laura Escacha, Pepe López, Mirna Vergara, Emi Cárdenas Adaros, Pamela R. Adaros, Cristóbal Cárdenas, Ciro Bahamonde, Sandro González
Co financiamento de: AGADIC – Xunta de Galicia

laboratorios

laboratorios

Corte Final – Documenta Madrid · 2022
A que andas – Festival de cans · 2020
Push-play – Festival internacional de cine de Gijón · 2019
#Lab – Novos cinemas · 2018
Arché – Docslisboa · 2017
Mentoring projects – L’alternativa · 2017

teaser

teaser

notas do director

notas do director

Levo dez anos vagando dun sitio a outro sen instalarme en ningún deles, sen ter casa. Os mesmos anos que pasaron desde que morreu a miña irmá Marta. Ela fixera un intercambio en Sudamérica e, seguindo os seus pasos dun xeito (in)consciente, optei por rematar os meus estudos de grao en Chile.

Nunha das miñas viaxes percorrendo o país cunha amiga, descubrín unha illa que me recordou de onde veño, Galicia, o lugar da miña infancia con Marta. Nese momento souben que necesitaba facer unha película alí.

Tres anos despois, volvín uns meses á illa coa miña compañeira daquela, Laura.

Quería facer unha película sobre o fin duns ritos de traballo comunitario, pero durante ese tempo vimos que era demasiado tarde e que a vida case non existía. Quizais o que me atraeu daquel lugar foi o seu esvaecemento. Quizais sempre mirei persoas ou lugares aos que lles falta algo, xa que ese baleiro tamén estaba en min. Despois desta primeira viaxe decateime de que viaxaba como forma de escapar.

Despois de dous anos, volvemos de novo a Chiloé para filmar esa experiencia.

O filme comeza dun xeito máis documental, coa inclusión de secuencias meta-cinemáticas que falan do proceso de produción, e pouco a pouco vaise esvaecendo cara a imaxes máis abstractas, poéticas ou oníricas onde a película se fai máis radical e interesante, dándolle ao espectador a liberdade de sentir a melancolía que percorre toda a peza.

Con este proxecto estou descubrindo o que queda despois de ter vivido algo, deixar atrás, despedirme. Ofrézolle ao espectador unha experiencia coa que reflexionar sobre a posibilidade de aprender a vivir no mundo sen ser querido, de vivir co que se perde, dende o loito, co que (só aparentemente) xa non hai.

Alén mar é unha película para aprender a dicir adeus.