PROTO
de ÁLVARO CHIOR
PROTO
de ÁLVARO CHIOR
sinopse
sinopse
Catro persoas cohabitan nun edificio industrial e constrúen o que parece ser un cinema. De súpeto, un fenómeno meteorolóxico déixaos encerrados nese espazo entre o proxector e a pantalla.
ficha técnica
ficha técnica
Título: Proto
Título Internacional: Proto
Xénero: Ensaio, Drama
Duración: 75 min. (estimada)
Cor: cor
Formato de rodaxe: 4,5K
Formato de exhibición: DCP 2K
Relación de aspecto: 16:9
Son: dolby 5.1
Nacionalidade: España
Idioma orixinal: Galego, Castelán
Produción: Acariño Films
Ano de produción: 2026
equipo técnico e artístico
equipo técnico e artístico
Direción, guión, música e montaxe: Álvaro Chior
Dirección de fotografía: Marta Abril, Kiko Ruiz
Gaffer: Andrea Louzao
Directora de arte: Elena Álvarez
Son: Borja Freire, Alberto Blanco
Produción: Andrés Sanjurjo
Elenco:Ángela Millano, Noela Covelo, Omar Miranda e Ida Plaza
Co financiamento de: AGADIC – Xunta de Galicia
laboratorios
laboratorios
LAB BASE – Festival Intersección · 2023
teaser
teaser
notas do director
notas do director
PROTO nace dun interese polo antes, polas orixes. O que está detrás, non só no tempo senón tamén no espazo, o que non se ve. As coreografías implícitas na articulación de linguaxe, as materialidades primarias do cinema e os corpos e os movementos que o posibilitan. O que está antes de que a luz permita ver, cando só cega. O que está antes do movemento, ese impulso, esa dirección, ese sentido.
O filme parte da relación de catro persoas e o espazo que ocupan. Alí, realizan diferentes accións como ler textos, interactuar con obxectos, realizar efectos visuais e sonoros, etc.
A través dos textos que len, lévase a cabo unha diseminación do exercicio semiótico e a linguaxe fílmica, a modo de ensaio poético, relacionando os seus elementos constitutivos (o movemento, a luz, etc) cos elementos primarios, así como coas posibles orixes da linguaxe, da imaxe e coas implicacións materiais e corporais que as posibilitan.
Cantos corpos e cantos movementos fan falta para poñer en movemento á imaxe? Como afectan e vense afectados esos corpos? Canto de lonxe sentimos os nosos corpos e a materia ao aparello de representación? Podemos achegarnos dende outro lado? Dende máis preto? Dende dentro?





