XERME
de CAMILO LÓPEZ
XERME
sinopse
sinopse
XERME é un xogo de exploración e quebracabezas cun estilo artístico único. O xogo convídate a a colleitar enerxía e a empregar mecánicas como a súa transferencia ou o sacrificio, mentres alterna entre diversos avatares para superar os quebracabezas, abrir camiños e continuar avanzando.
Sen diálogo, a narrativa ambiental facilita a inmersión progresiva no seu misterioso universo e permite que cada xogador descubra un significado único na súa propia aventura.
ficha técnica
ficha técnica
Título: XERME
Título Internacional: XERME
Xénero: Aventura, Quebracabezas
Duración: 6-8 horas
Lanzamento: Q4 – 2026
Idioma Orixinal: Sen diálogos
País de produción: España
Produción: Acariño games
equipo técnico e artístico
equipo técnico e artístico
Dirección e dirección de arte: Camilo López
Director técnico: Diego Vázquez
Xefe de programación: Javier Rey
Game designer: Ismael Barbeito
Son: Sara Narváez
Música orixinal: Victor García – Death Whistle
Produción: Andrés Sanjurjo
Co financiamento de: Ministerio de Cultura / Xunta de Galicia / Concello da Coruña
feiras e mercados
feiras e mercados
Indie Dev Day · 2023
Weird Market · 2023
Animalcoi · 2023
BIG Conference · 2023
Indie Dev Day · 2024
Culturgal · 2024
Gamescon · 2025
Pixel á Feira · 2025
tráiler
tráiler
notas do director
notas do director
XERME é un proxecto que me acompañou durante máis de sete anos. Co tempo, creceu comigo, transformándose como o fai todo o que está vivo e en movemento. Visualmente, constrúese a partir do mínimo: o branco e negro como base, porque é onde sempre me sentín máis cómodo como debuxante. A cor retírase para que só quede o esencial. E o único ton que persiste, o amarelo, é o que sinala o vital: a enerxía, o movemento e a orientación.
Esa cor representa a enerxía, o fluxo vital que percorre aos personaxes e o propio mundo do xogo. Xerme fala de ciclos, de transformacións, de como nada existe de forma illada nin xorde da nada. Todo se herda, intercámbiase ou se transforma. Do mesmo xeito que na ciencia, onde avanzamos sobre os ombreiros de quen nos precedeu, en Xerme cada xogador avanza grazas ao esforzo dos demais, recollendo as súas pegadas e deixando as súas propias.
XERME é, en definitiva, unha semente. Unha reflexión sobre o colectivo, sobre o legado, sobre a enerxía que flúe entre nós e conéctanos coa nosa contorna.





