LOS SALDOS
de Raúl Capdevila
LOS SALDOS

sinopse
sinopse
José Ramón Capdevila, o último de tres xeracións de labregos e gandeiros, recibe a noticia de que o seu fillo Raúl vai volver á casa despois de non atopar traballo na cidade. Coa esperanza de atopar algo mellor, ambos volven traballar xuntos na granxa, ao tempo que, na vila, se anuncia o desembarco do “Grupo Pini”, importante empresa do sector cárnico que quere construír un enorme macro- matadoiro.
ficha técnica
ficha técnica
Título: Los saldos
Título Internacional: Remainders
Xénero: Western / Documental de creación
Duración: 76 min.
Cor: Cor
Formato de rodaxe: 2k
Formato de exhibición: DCP 2k
Relación de aspecto: 2:35:1
Son: Dolby 5.1
País de produción: España
Idioma Orixinal: Castelán
Produción: Acariño films
Ano de produción: 2022
equipo técnico e artístico
equipo técnico e artístico
Direción, guion e montaxe: Raúl Capdevila
Director de fotografía: Gerard Aparicio
Son directo: Javier Serrat, Guillermo Rojo, Gonzalo Sanz
Deseño gráfico: Raúl Andreu
Posprodución de son: Guillermo Rojo, Pablo Rivas
Música orixinal: Guillermo Rojo, Gonzalo Sanz, Irene Ivankòva
VFX: Pablo Lamosa – Cormorán VFX
Productores executivos: Andrés Sanjurjo, Raúl Capdevila
Elenco: José Ramón Capdevila, María Rosa “Rosita” Alzuria, Raúl Capdevila, Javier Murillo, Iván Romero, Rosa Murillo e José María Duro
Co financiamaneto de: Diputación General de Aragón / Asociación de Realizadores Oscenses
Co apoio de: Aragón televisión
festivais e laboratorios
festivais e laboratorios
Premiere mundial: Visions du Réel (Suiza) · 2022
FICG 37 (México) · 2022
Arché – Porto/Post/Doc · 2020 (premio ao mellor proxecto)
Mentoring projects – L’alternativa · 2020
tráiler
tráiler
notas do director
notas do director
A granxa sempre formou parte da miña vida. Recordo que xogaba coa miña irmá mentres o meu pai traballaba, inventando mundos ficticios: a granxa dun veciño podía ser un impoñente mercado, un pequeno hórreo a morada dun poderoso sabio e o vello remolque un temible barco de guerra. Boto de menos eses momentos e esta sensación foi un dos principais pulos que tiven ao facer esta película, só que agora xogo co western, máis concretamente na súa etapa crepuscular.
Desta volta, as granxas e almacéns son vellas ganderías rexentadas por vaqueiros esgotados, conscientes de que o seu tempo pasou e quedaron atrás, desbordados polo progreso e a emerxente nova civilización da gran agricultura industrial. Estes pequenos campesiños, como o heroe de Occidente, foron os encargados de levar a “idea de progreso” ao territorio, pero unha vez executados, foron desprazados á marxe e condenados a desaparecer.
Actualmente só o meu pai traballa na granxa e cando se xubile ninguén seguirá. Será o final de tres xeracións de labregos e gandeiros que habitaron este lugar. Los saldos é unha carta de despedida ácida e cariñosa a un tempo que, como tantos outros, a historia deixará atrás.