O LAÚRO

de GIOVANNA LOPALCO

O LAÚRO

de GIOVANNA LOPALCO

sinopse

sinopse

Aldara, de 10 anos, pasa o verán na casa das súas tías. Entre xogos cos seus amigxs Amanda e Breixo e a vixiancia das súas tías Olga e Inés, Aldara busca o seu feitche favorito: unhas compresas.


Unha noite aparece no seu cuarto O Laúro, un personaxe metade animal-metade humano que intentará seducila e con quén terá mais encontros ata o final do verán.

ficha técnica

ficha técnica

Título: O Laúro
Título Internacional: The Lauro
Xénero: Drama, Fantástico
Duración: 12 min. (estimada)
Cor: cor
Formato: Animación 2D
Formato de exhibición: DCP 
Relación de aspecto: 16:9
Son: dolby 5.1
Nacionalidade: España
Idioma orixinal: Galego 
Produción: Acariño Films
Ano de produción: 2025

equipo técnico e artístico

equipo técnico e artístico

Direción e dirección de arte: Giovanna Lopalco
Guión: Giovanna Lopalco, Pablo Silva
Produción executiva: Andrés Sanjurjo
Co financiamento de: AGADIC – Xunta de Galicia

laboratorios

laboratorios

LAB – Festival Intersección · 2024

teaser

teaser

notas da directora

notas da directora

O Laúro é unha viaxe ao desexo dunha nena á súa infancia; ao seu desexo de amar, ao seu desexo de facerse muller. Esa viaxe está atravesado pola mirada infantil de Adele, aínda non viciada polo xuízo e estereotipos dos adultos. 

A curtametraxe conta o descubrimento da sexualidade na infancia. Un descubrimento, no caso de Adele, que será por momentos cómico, doce e amargo, sobrevoando a historía sen dramatismo. A intención é contar a experiencia da protagonista con moita lixeireza, como a entendía Italo Calvino “Porque a lixeireza non é superficialidade, senón desprazarse sobre as cousas desde arriba, non ter pedras no corazón”.

A narración divídese en día e noite. O día é o momento do xogo, dos amigos, é estar consciente. A noite é o desexo, o misterioso, o onírico. É o momento do Laúro, un personaxe que no curto é metade animal-metade humano e que se converte na guía nocturna da protagonista, o seu amigo secreto.

Como o Arcano Maior “O diaño”, no Tarot de Marsella, O Laúro fai referencia ao noso subconsciente, á nosa sombra, aquilo que mais avergóñanos. Esta mestura de humano con animal reforza tamén a ambigüidade do personaxe, é bo? É malo?

Adele non o sabe, e nin llo expón simplemente transcorre con el un tempo que lle permite explorar e transitar ese verán sen os seus pais.

Con Adele descobre a sexualidade, aínda que non o vemos, intuímolo. A estrutura da curtametraxe construída por opostos, salienta a dicotomía que vive a protagonista: a súa inocencia infantil fronte ao seu desexo de facerse adulta. Un enfrontamento que é doloroso só se o miramos cos ollos dos adultos e coa culpa que nos inviste facendo de algo anecdótico un secreto co cal cargar toda a vida.

Así imaxino o Laúro, un conto de verán, lixeiro, onírico, poético, cun lado sutilmente amargo e sinistro tal como é adquirir a mirada dun adulto.