O LAÚRO
de GIOVANNA LOPALCO
O LAÚRO
de GIOVANNA LOPALCO
sinopse
sinopse
Aldara, de 10 anos, pasa o verán na casa das súas tías. Entre xogos cos seus amigxs Amanda e Breixo e a vixiancia das súas tías Olga e Inés, Aldara busca o seu feitche favorito: unhas compresas.
Unha noite aparece no seu cuarto O Laúro, un personaxe metade animal-metade humano que intentará seducila e con quén terá mais encontros ata o final do verán.
ficha técnica
ficha técnica
Título: O Laúro
Título Internacional: The Lauro
Xénero: Drama, Fantástico
Duración: 12 min. (estimada)
Cor: cor
Formato: Animación 2D
Formato de exhibición: DCP
Relación de aspecto: 16:9
Son: dolby 5.1
Nacionalidade: España
Idioma orixinal: Galego
Produción: Acariño Films
Ano de produción: 2025
equipo técnico e artístico
equipo técnico e artístico
Direción e dirección de arte: Giovanna Lopalco
Guión: Giovanna Lopalco, Pablo Silva
Produción executiva: Andrés Sanjurjo
Co financiamento de: AGADIC – Xunta de Galicia
laboratorios
laboratorios
LAB – Festival Intersección · 2024
teaser
teaser
notas da directora
notas da directora
O Laúro é unha curtametraxe que conta o descubrimento da sexualidade na infancia. Un descubrimento que será por momentos cómico, doce e amargo.
É unha viaxe ao desexo de Aldara, unha nena impaciente de facerse muller.
A historia desenvólvese nun verán nunha zona rural onde viven as tías de Aldara. Cada ano a protagonista redescubre ese lugar lonxe da súa nai. É un paisaxe colorido, cálido, por momentos aburrido, que representa simbólicamente ese momento vital que é a infancia.
A narración divídese en día e noite. O día é o momento do xogo, dos amigos, é estar consciente. A noite é o desexo, o misterioso, o onírico. É o momento de O Laúro, un personaxe que na curtametraxe é metade animal-metade humano e que se converte na guía nocturna da protagonista, o seu amigo secreto.
Como o Arcano Maior “O diaño”, no Tarot de Marsella, O Laúro fai referencia ao noso subconsciente, á nosa sombra, aquilo que máis nos avergoña. Esta mestura de humano con animal reforza tamén a ambigüidade do personaxe, é bo? É malo?
Aldara non o sabe, e nin llo expón, simplemente transcorre con el un tempo que lle permite explorar e transitar ese verán transformador. A estrutura da curtametraxe constrúese por opostos e salienta a dicotomía que vive a protagonista: a súa inocencia infantil fronte ao seu desexo de facerse adulta. Un enfrontamento que é doloroso só se o miramos cos ollos dos adultos e coa culpa que nos inviste facendo de algo anecdótico un secreto co cal cargar toda a vida.
Así imaxino O Laúro, un conto de verán, lixeiro, onírico, poético, cun lado sutilmente amargo e sinistro tal como é adquirir a mirada dun adulto.